Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Lanzós (San Martiño)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa datada no século XVII e construída en perpiaño irregular e cachotaría granítica. Posúe cuberta de xisto a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
A fachada principal presenta unha zona porticada que alberga a porta principal lintelada. No cume unha espadana de dobre oco con cruz metálica no cume e pináculos de bola nos laterais.
Os muros laterais aparecen revocados en branco. No muro dereito existe outra zona porticada de menor tamaño.

Esta igrexa sufríu numerosas e desafortunadas reformas que lle fixeron perder moita da súa primitiva estructura.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa alberga varias imaxes e obxectos relixioss, como un Cristo de época barroca, un San Salvador (do século XVII, un Cristo popular (do século XVIII) e un Incensario gótico (do século XVI).

No exterior da igrexa podemos ver varias pías bautismais, unha de las do século XVII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.344474614635
Lonxitude: -7.6623744409608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84