Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vilalba
Parroquia: Lanzós (San Martiño)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación inaugurada no ano 1921 feita en cantaría granítica e cachotaría, con planta rectangular e cuberta a catro augas.
A fachada principal presenta un pano simétrico de ocos escarzanos, os do primeiro andar con pequenos voadizos protexidos cun enreixado metálico.
O conxunto remata cun édiculo de liñas curvas feito en pedra granítica que remata cunha pequena campá. Neste edículo podemos ver un reloxo de agullas e que unha inscrición nunha praca de mármore coa seguinte lenda:
“SOCIEDAD PROGRESO DE LANZOS
INAUGURADA
1920”.

Este edificio foi promovido pola sociedade “El Progreso de Lanzós”. No pasado funcionou como centro de ensino primario (ata a década dos 80 do século pasado), vivenda do mestre e centro de reunións do Sindicato Agrario. No presente funciona como Centro social da asociación de veciños e telecentro.

No mesmo recinto da escola podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/116315/2023/11/cruceiro-da-escola-de-lanzos/) e un palco da Música (http://patrimoniogalego.net/index.php/116311/2023/11/palco-da-musica-de-san-martino-de-lanzos/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/

LANZÓS (SAN MARTIÑO)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.34474298434
Lonxitude: -7.662162800611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84