Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Miño
Parroquia: Callobre (San Xoán)
Lugar: Callobre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio de planta de cruz latina, xunto cun pequeno corpo cuadrangular engadido ó presbiterio e que fai de sancristía. O tránsito ó presbiterio e ás capelas laterais faise a través de arcos de ingreso de medio punto. Os muros son de carga e a cuberta é a dúas augas na nave principal, mentres os restantes corpos presentan tres augas; a cubrición é a base de tella curva do país. Nos pés da nave sitúase un coro alto, con forxado de madeira, do que parte a escaleira que leva ó campanario cun último tramo que discorre polo penal da cuberta. No interior é destacábel a monumental pía bautismal; de caracteres románicos, e os altares e imaxes barrocas de San Xoán e a Dolorosa, esta última de gran tradición nas crenzas populares da parroquia. Nunha das esquinas da fachada principal e na lateral da Epístola hai cadanseus reloxos de sol.
A fachada principal do século XVIII, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular adoelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa franqueado por outros dous pináculos con bóla, un oco con arco de medio punto rematado por un pequeno frontón triangular. Remata o conxunto sobre un pequeno acroterio no vértice do frontón, unha cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne, e Vilarmaior”. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.332431168983Lonxitude: -8.1475526917041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84