Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Corvelle (San Bartolomeu)
Lugar: Toxeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

No adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/116319/2023/11/igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-corvelle/) podemos ver este cruceiro datado no ano 1955 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base troncopiramidal da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Nel vemos varios elementos gravados da Paixón.
O capitel cadrado con querubíns nos catro lados e volutas nos esquinais soporta unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzadsos con botoón central. Posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Este cruceiro “recorda a un crego que faleceu en 1955”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270650702.html
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/comarca-chairega-alguns-crimes-mais-cruentos-recordanse-cruceiros/202004161355281433703.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario. 2011). Cruceiros do concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.350722869338
Lonxitude: -7.5670687639748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84