Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Guarda
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: A Guarda - Rúa Galicia
Outra denominación do ben: Casa de Don Eloy // Villa María
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Edificación construída no 1890 en cantaría granítica e azulexo nun claro estilo eléctico, duns 370 m2 que orixinalmente posuía planta en forma de U e que posteriormente se lle engade unha corpo rectangular duns 200 m2.
O conxunto presenta tres andares e unha cuberta a catro augas.
Na fachada principal destacan os dous corpos laterais con remates en ameas. A práctica totalidade dos seus ocos presentan arcos carpaneis.
Na fachada posterior destaca unha gran escalinata con balaustre de pedra.

O inicio da edificación foi promovido polo tabaqueiro Basilio de Santiago en honra á súa dona María Domínguez Veiga. A ampliación foi promovida polo seu herdeiro, Eloy Domínguez Veiga.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Toda a propiedade, duns 8.500 m2, posúe un complexo axardinado no que se atopan diferentes elementos ornamentais e construcións adxectivas. A saber: un gran pombal de dous andares, as fontes cerámicas, os cenadores con bancos azulexados, un gran portalón de aceso á propiedade.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://www.turismoaguarda.es/patrimonio-civil/
https://www.turismoaguarda.es/wp-content/uploads/2016/06/a-guarda-casas-indianas.pdf
https://mapas.turismoaguarda.es/es/ruta-urbana-por-el-legado-indiano

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. (2019). El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25. (en liña: https://www.upo.es/revistas/index.php/atrio/article/view/4272/4306)

LIMA PACHECO, Ana Isabel. (2016). “Arquitecturas de papel”. La influencia de las publicaciones gráficas de arquitectura en la edilicia indiana. Tres villas de A Guarda como caso de estudio. Tese doctoral. Departamento de representación y teorías arquitectónicas. (en liña).

TÁBOAS VELEIRO, Teresa. (2004). Emigración e arquitectura. Os brasileiros. Alais editores.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.904814515809
Lonxitude: -8.8653293080471
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84