Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Guarda
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: A Guarda - Rúa Galicia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación indiana construída no ano 1933, de planta rectangular con soto, dous andares e baixo cuberta. Destaca o seu avance da fachada na súa parte central que remata cunha torre miradoiro nun claro exemplo de Rexionalismo Montañés. A cuberta presenta varias augas pola complexidade do mesmo.
As fachadas, cubertas con azulexo laranxa, presentan panos simétricos. A fachada posterior, mirando á desembocadura do río Miño, posúe unha terraza miradoiro.
O acceso principal realízase por unha escalinata con catro piares de pedra con pináculo no cume e un enreixado de forxa.
No interior da vivenda destaca o seu traballo de carpintería, os azulexos formando mosaicos, e o mobiliario e obxectos de diferentes lugares do mundo.
A propiedade, cercada cun muro de formigón e cachotaría, posúe unha extensión aproximada de 6.000 m² de terreo con fermoso xardín e no que tamén existen diversas edificacións adxectivas como garaxes, almacéns, vivenda para o servizo e un invernadoiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://www.turismoaguarda.es/patrimonio-civil/
https://www.turismoaguarda.es/wp-content/uploads/2016/06/a-guarda-casas-indianas.pdf
https://mapas.turismoaguarda.es/es/ruta-urbana-por-el-legado-indiano
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. (2019). El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25. (en liña: https://www.upo.es/revistas/index.php/atrio/article/view/4272/4306)
LIMA PACHECO, Ana Isabel. (2016). “Arquitecturas de papel”. La influencia de las publicaciones gráficas de arquitectura en la edilicia indiana. Tres villas de A Guarda como caso de estudio. Tese doctoral. Departamento de representación y teorías arquitectónicas. (en liña).
TÁBOAS VELEIRO, Teresa. (2004). Emigración e arquitectura. Os brasileiros. Alais editores.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.904772500714Lonxitude: -8.8645483988112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84