Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Barro
Parroquia: Barro (San Breixo)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de tipo aberto no que vemos un retablo pétreo. Nel aparecen as imaxes de Cristo crucificado presidindo a escena e, ao seu carón, as imaxes de San Francisco e a Virxe do Carme co Neno no colo. Por debaixo e entre as lapas do Purgatorio vemos un grupo de cinco almiñas, dúas delas agarradas ao cordón do Santo, outras dúas coas mans en oración, e a última collida do que semella un escapulario que sae da man da Virxe.
Por debaixo do retablo adivíñase os restos dun antigo oco para as esmolas. Tamén vemos unha inscrición co ano da súa feitura: “AÑO DE 1790”.
O conxunto remata cunha pedra case plana.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/BARRO/documents/0716CA003.PDF (ficha AC-20 – páxina 20)

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.546533478022
Lonxitude: -8.6379709565238
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84