Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe natural,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: San Xurxo
Lugar: Lobadiz
Outra denominación do ben: Punta do Castro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Castro costeiro de Lobadiz, Doniños, Ferrol (A Coruña) Pequeno castro costeiro na península de Lobadiz (entre as praias de Doniños e San Xurxo, preto do monte de San Xurxo. O Castro está bastante esnaquizado. Só se distinguen os muros e o foxo. Hai un camiño de acceso ao castro que esnaquiza parte do muro. Dentro as pedras están ciscadas por todas partes. Merece interese a ubicación do xacemento, a paisaxe e a ubicación do lugar. O faro que hai sobre o castro é da autoridade portuaria de Ferrol. Houbo na península un posto de observación do exército español, hoxe en ruina


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15036001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Fixéronse varias escavacións na península descubrindo construccións con esquinas redondeadas (hoxe non visibles)


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O camiño de acceso é empregado por carros 4×4 e os “campistas”


Onde está localizado

Latitude: 43.5084875719
Lonxitude: -8.32882761955
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84