Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Ponte Caldelas - Rúa da Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Ao carón do pazo de Dona Sofía (https://patrimoniogalego.net/index.php/116805/2024/05/pazo-de-dona-sofia/) podemos ver tamén esta pequena capela construída en cantaría granítica.
A súa fachada posúe unha porta enmarcada, por riba dela un escudo coa cruz de Malta no centro dunha estrela de seis puntas intercalada con flores de lis e con coroa real.
Na parte superior unha pequena balconada con espadana metálica con dúas campás.
Ao carón da porta vemos un esmoleiro.
Durante as festas das Dores, na última fin de semana de agosto, dende esta capela sae en procesión unha imaxe da Sagrada Familia. Antes de chegar á igrexa do Sagrado Corazón pasan pola Capela da Casa da Campá ou casa de María Dolores Méndez Muíño (https://patrimoniogalego.net/index.php/115692/2023/06/vivenda-de-maria-dolores-mendez-muino/) onde se reúne coa Virxe das Dores.
O martes (día no que rematan as festas) saen de novo en procesión da igrexa nova para devolver as imaxes ás súas capelas respectivas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Nesta capela gárdase unha estampa do Nazareno.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://pontecaldelas.gal/patrimonio/gal-sofia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.390133875135Lonxitude: -8.5005890041145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84