Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Pardesoa (Santiago)
Lugar: San Marcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro datado entre os séculos XVII-XVIII que nace sobre dous chanzo de sección cadrada, o inferior de tosca factura.
A súa base cúbica posúe relevos que mostran figuras xeométricas, un cálice e unha forma consagrada.
A continuación o varal de sección cilíndrica e decorado con motivos florais.
Un capitel cadrado e decorado con caras de anxos e volutas da paso a unha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas máns en oración e situada enriba dunha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Próximo ao cruceiro podemos ver tamén a capela homónima (https://patrimoniogalego.net/index.php/116821/2024/05/capela-de-san-marcos-5/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360180802.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ROZADOS, Francisco (2002). Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no Concello de Forcarei. Revista cultural e turística do Concello de Forcarei, nº V

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.531498033784
Lonxitude: -8.3157104395419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84