Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: O Irixo
Parroquia: San Cosmede de Cusanca
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben: Pedra dos Sacrificios
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

En Vida Gallega do 5 de novembro de 1917, o escritor e crego Antonio López Carballeira (1880-1936), baixo o título El hidalgo de San Cosme, narra unha visita que fixo ao deputado Román García Nóvoa nunha casona dos seus antepasados situada en San Cosmede de Cusanca. O crego compostelán non aforra aloumiños co anfitrión. Despois de visitar a casa e describila, detense nunhas expedicións que fixeron á Pena do Demo (“donde entre un conglomerado de enormes peñascos, se eleva en la cresta una gran piedra oscilante”); ao castro “que se alza en el lugar de So-Iglesia” (debe referirse ao castro de San Cosme que se atopa na aldea do Castro); e a “una enorme roca… de forma redondeada” que “en su extremo presenta labrada intencionadamente una á manera de pila que no llega a metro y medio de largo, y al lado una honda cavidad circular; junto á esta, al descombrarla, descubrimos un estribo lateral, también perfectamente labrado en la piedra”. Pregúntase López Carballeira, dada a súa situación nunha carballeira e nas inmediacións dun castro, senón podería ser unha “prehistórica ara céltica, para los sacrificios de animales”. Na foto de 1917 vese a Antonio López Carballeira e o fidalgo Román García Nóvoa; detrás, á esquerda da foto e detrás do cura debe ser Gonzalo Prego, o cuñado do fidalgo; dous homes á dereita da imaxe; sobre a pedra, á esquerda, unha moza e dúas nenas; e por último, un home e, para min, a persoa que máis me chamou a atención: unha muller vestida enteiramente de negro da cabeza aos pés.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32035048
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

No ano 2017, cando a vin por primeira vez, contáronme que estaba asociada a un tesouro que agochara ou descubrira o párroco de San Cosmede de Cusanca. Cando volvín en xaneiro de 2024 ampliáronme a lenda. O tesouro estaba formado por moedas de prata e ouro, agochado en dúas olas. Dise que foi atopado por un home natural da aldea da Costa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.543531765017
Lonxitude: -8.1000205751598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84