Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Luaña (San Xulián)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O que podemos ver aquí son os restos desparexados dun antigo cruceiro que, segundo a bibliografía consultada, podería ser un cruceiro de capela.
O primeiro fragmento aparece no muro de peche do adro da igrexa parroquial (https://patrimoniogalego.net/index.php/1738/2011/06/igrexa-da-luana/). Consta dunha base troncopiramidal que contén relevos de cráneos e unha serpe. A continuación un groso varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Nunha das caras aparece o relevo dunha imaxe que corresponde coa de San Francisco, cunha man sobre o peito e outra sobre a gorxa.
O segundo fragmento, situado na parte superior da porta de aceso ao camposanto, consta dunha base troncopiramida e, sobre ela, un cruceiro de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA017.PDF (ficha 4 – páxina 11)
https://cruceirosdegalicia.xyz/150130602.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/150130603.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.85193496773
Lonxitude: -8.7621648465344
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84