Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Santa María de Faramontaos
Lugar:
Outra denominación do ben: Petróglifos de Reboredo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Panel formado por decenas de cazoletas situadas nun penedo que destaca nun pequeno outeiro na zona de Reboredo. As meirandes atópanse na cima, a máis destacada presenta outras pequenas adxacentes que lle dan aspecto cruciforme. Ademáis hai 3 fileiras verticais paralelas nun lateral ademáis de sucos, cruciformes e outras coviñas soltas espalladas. Nunha rocha inferior atopamos circos concéntricos con cauda, coviñas con liñas e unha gran cazoleta central da que parten diversas liñas, un cruciforme e outros elementos difusos. Nós arredores atopamos máis penedos con coviñas inda que en menor número. Agradecer a Miguel Lama a localización destes petróglifos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.387050165421Lonxitude: -7.7621801770262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Adrián Luíntra says:
Out 4, 2024
Fotogrametría deste petróglifo na que se poden observar as cazoletas da parte superior, as filas de coviñas no lateral, máis as liñas e os cruciformes. Ademáis no panel inferior observamos os circos concéntricos, as cazoletas ou coviñas das que parten liñas, un cruciforme e outros elementos máis difusos.