
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vigo
Parroquia: Teis (San Salvador)
Lugar: A Guía
Outra denominación do ben: Ermida da Nosa Señora das Neves
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A Capela da Nosa Señora da Guía foi edificada a mediados dos anos cincuenta do pasado século polo arquitecto Manuel Gómez Román tendo como referente o “barroco compostelán”. Está emprazada na cima do Monte da Guía sobre os restos dun castro e rodeado dun fermoso xardín botánico. Conta cunha planta rectangular e ábsida poligonal, cos muros feitos de cachotería de granito e os remates de cantaría. O máis sobresaínte do templo é a torre campanario de grande altitude, así como os laterais asoportalados. Nos laterais do templo destacan varias esculturas e na fachada principal un frontón triangular partido e unha composición de placas que racha o eixo da cornixa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://hoxe.vigo.org/urbanismo/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/Catalogo/A_143.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.255523803127105Lonxitude: -8.701834916937514
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 16, 2022
A prensa dixital do 16 de xullo de 2022 recolle a nova da inauguración da imaxe do Sagrado Corazón de Xesús que corona no alto da torre campanario:
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2022/06/16/ermita-guia-bendice-cristo-67312814.html
https://www.vigoe.es/vigo/local/la-ermita-de-a-guia-terminada-70-anos-despues-ya-esta-coronada-por-un-cristo-de-seis-metros/
https://www.atlantico.net/video/vigo/escultura-cristo-ermita-guia-vigo/20220505193532910857.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2022/05/11/vigo-particular-corcovado-alto-monte-guia/00031652264135219793871.htm