Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Loureiro
Outra denominación do ben: Pazo do Enxido
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Construído a mediados dos anos 20 por emigrantes de Cando que fixeran fortuna en Portugal e encargado posiblemente a Antonio Palacios, que por entón levantaba a central eléctrica do Tambre. O Pazo está xunto ao mesmo río, preto da Ponte Nafonso. A planta é rectangular, cun corpo en L adosado polo este. Organízase en tres andares e o edificio recorda as construcións pacegas galegas,e de extremos que evocan torreóns ameados dos castelos. A segunda planta accédese por unha longa escalinata abalaustrada. A construción esta feita a base de sillería de granito, que amosa forma almofadada sen pulir nas esquinas e en linteis de portas e ventás. Prescíndese de aditamentos ornamentais e os muros van caleados en branco. Ao igual que as antigas casas señoriais está acompañado de diversas construcións anexas que completaban a unidade de explotación agraria. Supostamente o arquitecto Palacios tamén diseñou os planos do pombal, alpendre, hórreo, cortellos e casa do capataz, armonizando todo o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, VolumeII, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
Páxina no pxom de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA009.pdf
(páxina 2 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8313406782
Lonxitude: -8.86215806007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84