Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Arcos (Santiago)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Situada ós pés do Monte Pindo, a igrexa de Santiago de Arcos está ubicada sobre un vello castro. Este templo é de cruz latina a que se lle engadiu a sancristía nun lateral da cabeceira. A construción realízase a base de muros de cantería na fachada principal, mentres que a cachotería emprégase no resto da edificación. A nave cóbrese con cuberta a dúas augas, mentres que o cruceiro e a ábsida presenta tellado a tres augas.
A fachada constitúe o elemento máis destacado de todo o conxunto. O acceso ó interior do templo faise mediante un pórtico lixeiramente recuado, formado por un arco de medio punto peraltado e abovedado no seu interior. Sobre o lintel da porta de acceso aparece unha estatua de San Pedro coa chave na man, ó contrario do que é usual xa que no seu lugar tería que aparece-la imaxe do santo titular.
A decoración concéntrase na parte elevada, que crea sensación de inestabilidade, especialmente o campanario, de planta cadrada con dous corpos. O segundo deles desenvolve toda a gramática decorativa compostelá cribada polo saber facer dos canteiros campesiños.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Sanata Comba, Vimianzo e Zas”, Vol. X, Deputación Provicial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9143756678701
Lonxitude: -9.090135097503662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84