Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Folgoso do Courel
Parroquia: Esperante
Lugar: O Carbedo
Outra denominación do ben: Fortaleza do Caurel
Cronoloxía: Descoñecida, Época Baixomedieval,
Descrición:

A fortaleza de Carbedo encóntrase situado a 930 m.de altura, no antigo camiño que comunicaba Galicia co Bierzo, a 500 m.da aldea de O Carbedo, sobre unha grande roca de 20 m. de alto que lle serve de defensa natural.
Non se sabe a data exacta da súa construción, pero a mención más antiga que se coñece sobre o castelo é nun documento do ano 1181. Tamén no ano 1550 é mencionado polo licenciado Molina que o denomina “Fortaleza del Caurel”.
Pertenceu ó cabaleiro Don Nuno Peláez e a súa dona Alda, quen o donaron no ano 1181 á Orde de Santiago. Pero desde o século XVI, o castelo entra en decadencia e é desmantelado.
Na actualidade o seu aspecto é ruinoso, conservándose parte dos seus muros e do torreón circular e un alxibe.
As últimas exploracións arqueolóxicas do castelo datan dos anos 1977 e 1979. O traballo foi realizado por un equipo coordinados por José María Luzón Nogué e Francisco Javier Sánchez-Palencia e entre os que figuraban Fernando Acuña Castroviejo, Carlos Alonso del Real, Felipe Arias Vila, José Manuel Caamaño Gesto, Antón Rodríguez Casal e José Manuel Vázquez Varela, entre outros.
Os resultados daquela campaña pionera publicáronse en 1980 nun libro editado polo Ministerio de Cultura, dentro dunha colección sobre escavaciónss arqueolóxicas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a lenda que no castelo de Carbedo residíu Doa Ilduara e o Conde de Lemos viña a visitala.
Tamén se fala que nas proximidades do castelo os monxes de Samos refuxiaron ao rei Afonso II o Casto, fillo de Froilán.

 

 


Historia recente do ben:

No mes de novembro de 2018 comezarón as obras de soterramento da liña de alta tensión que pasaba ao carón do castelo.
A torreta foi desmontada.
(Ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=7&cod_rtro=15&cod_obx=215
http://www.diariodelemos.es/curel-vivo-pide-que-se-averigue-quien-es-el-dueno-del-castillo-de-carbedo
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/03/02/historia-peculiar-desconocida-castillo-carbedo/0003_201603M2C5991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/02/15/curel-vivo-pide-averiguar-castillo-carbedo-duenos/0003_201802M15C4993.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/11/09/torre-electrica-carbedo-fin-punto-desmontada/0003_201811M9C2991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/folgoso-do-courel/2019/11/06/castillo-carbedo-libra-fin-torre-electrica-afeo-durante-veintisiete-anos/00031573035753938208501.htm

BIBLIOGRAFÍA
-LUZON NOGUE, José Mª. y SÁNCHEZ PALENCIA RAMOS, Fco. Javier: El Caurel. Excavaciones Arqueológicas en España nº 110. Madrid. Dirección general del Patrimonio Artístico, Archivos y Museos. 1980
Caminando por la sierra del Caurel – Autor: Antonio Neira Rodríguez Editor: Promocións Culturáis Galegas, S.A. (1998).
-Un ano no Courel – Autor: Xurxo de Vivero – Ilustraciones: Restituto López Hernández – Editor: Edicións Xerais (1997).
Paraxes Naturáis de Galicia(II) O Interior, páginas 170 a 185 – Autores: Enrique Vélez Barrio e Mª Carmen Pereiro Vizcaíno – Editor: Edicións Xerais (1998).
-El Caurel y su comarca – Autor: Luis López Pombo – Editor: Servicio de Publicaciones Diputación de Lugo.
O Courel – Autor: Mercedes Vázquez Saavedra – Editor: Editorial Galaxia (2003) Google Books – O Courel
-Guía do Courel – Autores: Javier Guitián, Luis Guitián Rivera – Fotografía: José L. Martínez Villar – Editor: Edicións Xerais (2009).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6351426853
Lonxitude: -7.12542772293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84