Outra fotografía:

Tipo de ben: Pombal,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Arcos (Santiago)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

En pésimo estado de conservación, este pombal de planta circular non fai senón repetir os modelos prototípicos do país galego, aínda que cunhas particularidades. A primeira delas é o feito do grande ímpeto ascensional que se lle dá, resultando un cilindro moi esvelto. A segunda é esas cornixas tan sobresaíntes, o que certamente tampouco é normal, semellendo aquí dous grandes pratos voados ou arandelas que quixeran racha-lo ímpeto da casca, ou mesmo dinamizalo. A cuberta sería cónica, e dada a esvelteza da construción non nos estranaría que tivese unha pendente acusada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Sanata Comba, Vimianzo e Zas», Vol. X, Deputación Provicial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Corre serio risco de destrución parcial por abandono. De feito nestos últimos anos vai perdendo gran parte das súas cornixas tan sobresaíntes que o fan distinto os demáis pombais. De non faceren ren por ela, en poucos anos xa non se apreciarán eses pratos voados como se ven agora xa tan deficientes nas fotografías.


Onde está localizado

Latitude: 42.91325596394943
Lonxitude: -9.089880287647247
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84