Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Dumbría
Parroquia: San Martiño de Olveira
Lugar: Olveiroa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta ermida está situada no camiño de peregrinación que leva a Fisterra dende Santiago. Situada na ladeira do monte Sino, nun lugar próximo ó castro de Colúns. É moi sinxela, de cachotería e cantería irregular, ademais dos perpiaños que aparecen no pórtico e o formigón armado na espadana.
A fachada principal, con ausencia total de decoración, está formada por unha porta alintelada de luz rectangular. Unha pequena espadana, formada por un arco de medio punto sobre piares, coroando unha cruz franqueado por dous pináculos piramidais. O tellado esta coberto a dúas augas ó igual co pórtico apegado ó muro sur. Este pórtico está aberto por tres dos seus lados que servía pra cobixar ós romeiros das inclemencias do tempo e tamén como altar exterior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Neste lugar celébrase a romaría en honra a Santa Lucía o 19 de marzo.  O ritual consiste en lava-los ollos enfermos coa auga da fonte santa. Os romeiros deben secarse cun pano que despois deixarán colgado dunha matogueira ou amarrado nas rexas da fonte. Este ritual hidrolátrico, posiblemente de orixes ancestrais, foi cristianizado ó estenderse o culto ó apóstolo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.973926359911594
Lonxitude: -9.041667580604553
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84