Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Quiroga
Parroquia: Pacios da Serra (San Salvador)
Lugar: Leixazós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O pregamento xeolóxico de Leixazós, xusto frente ós núcleos de Campodola e Leixazós, no concello de Quiroga, é un dos maiores monumentos xeológicos da Península Ibérica.
Trátase dun espectáculo natural que ten moi poucos puntos de comparación en todo o continente, xa que só nos Alpes, nalgún punto dos Pirineos e en Teruel se pode contemplar algo semellante.
Un pregamento xeológico é unha ondulación dos estratos superiores da corteza terrestre provocada polas forzas tectónicas. Nun proceso de millóns de anos, estas forzas poden modelar e comprimir estas enormes capas de mineral como se fosen estructuras blandas, facéndo que adopten unhas formas que en ocasións chegan a ser extremadamente complexas.
No pregamento de Campodola – Leixazós apréciase con nitidez este proceso grazas á erosión, que arrasou a montaña e deixou ó descoberto sa súa estructura interna nun gran corte transversal. Trátase dun sinclinal, é dicir, un plegamento de forma cóncava na que o eixo de flexión ou charnela, foi orixinalmente vertical. A forza tectónica fixo que as capas plegadas se curvaran ata que o eixo quedou en posición horizontal. Constitúe un exemplo típico do que se denomina plegamento tombado.
As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de períodos xeológicos distintos, como rocas de tono claro: cuarcitas do período Arenigiano (478-488 millóns de anos), e zonas obscuras con vexetación: lousas do Ordovícico Medio (458-478 millóns de anos).
Enriba desta grande estructura existiu outro plegamento de similar tamaño orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu a causa da erosión.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.gciencia.com/medioambiental/campodola-leixazos/

Plegamiento de Campodola – Leixazós


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5286697893
Lonxitude: -7.21638679504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84