Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Folgoso do Courel / Quiroga (comarca)
Parroquia: Seoane do Courel (San Xoán)
Lugar: Moreda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A devesa da Rogueira é unha das xoias botánicas de Galicia. Ao pé do monte Formigueiros, de 1643 metros de altitude, o bosque esténdese desde os 750 metros ata os 1400 metros de altitude. Conformado polo rego da Rogueira, afluente do Río Lor, ten forma de anfiteatro orientado cara ao noroeste. No seu chan sucécense diferentes tipos de solo: louseiros, cuarcíticos e calcarios, o que unido á súa situación xeográfica, a medio camiño entre as influencias climáticas atlántica e mediterránea, da lugar a unha extraordinara diversidade vexetal, única na nosa Comunidade.
Con 200 hectáreas, este bosque autóctono alberga multitude de especies arbóreas que non permiten entrar os raios do sol. Medran aquí case todas as especies de ábores, arbustos ou flores do Caurel. É de destacar, neste sentido, que no Caurel están representadaso 40% das especies vexetais galegas, a pesar de ocupar un territorio que supón o 1% do total de Galicia.
As diferentes formacións arbóreas altérnanse en altitude, substituíndose unhas ás outras. Na franxa inferior, xunto aos prados de sega, sitúanse os soutos de castiñeiros, explotados desde antigo. Aos poucos, van deixando lugar ás masas de carballos.Máis arriba aparecen as faias, misturados con teixos e acivros. O límite superor do bosque márcano os bidueiros, xa que por riba deles só aparecen matos.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 10 de marzo de 2020 recolle a nova deste complexo como primeiro bosque en España e o segundo en Europa en recibir a certificación da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC) pola exemplar xestión sostible dos seus recursos, así como a súa conservación da biodiversidade (ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
http://es.scribd.com/doc/69706886/A-Devesa-da-Rogueira
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=7&cod_rtro=15&cod_obx=211
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/devesa-da-rogueira-primer-bosque-espana-certificado-fsc/202003101747261427821.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6065476395Lonxitude: -7.11218833923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xan 15, 2012
Sinalar varias cousas:
1 – Folgoso do Courel non conta con pxom, o planeamento vixente é as Normas Subsidiarias e Complementarias provinciais; o catálogo destas Normas non inclúe este espazo natural;
2 – o ámbito deste ben está incluído dentro da Rede Natura, confferíndolle protección legal:
páxina na web da Consellería do Medio Rural sobre a Rede Natura: http://mediorural.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_natura_2000/
visor da Rede Natura Galicia: http://inspire.xunta.es/website/red_natura/viewer.htm