Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Vivenda singular,
Concello: Gomesende / Terra de Celanova (comarca)
Parroquia: O Viso
Lugar: O Viso
Outra denominación do ben: Torre do Viso
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de planta rectangular con muro a dúas augas pechando as súas propiedades colindantes, o edificio ten un “torreón” seguindo a moda das mansións da época así como unha gran escaleira de pedra de acceso á vivenda e unha galería de madeira; según xente da aldea viñeron no pasado xentes de Madrid que lle quixeron mercar as portas do interior da casa dado a súa suntuosidade; actualmente pertence a dous particulares; a propiedade a pesar do seu abandono non ameaza ruína alomenos polo seu exterior.
Perteneceu a José Viso Viso Estévez, alcalde de Gomesende desde de 1909 ata 1912.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Muro de peche da finca, Torreón da casa modernista.


Tradición oral:

Peretenceu a José Viso que era un gran terrateniente do lugar, que tiña unha ponte para cruzar o Arnoia (e cobraba a quen pasase por ela)e cando unha compañía francoinglesa comezou coa explotación de minas de Wolframio a principios do XX fixeron outra ponte e a xente abandonou a súa el fixo vir ó Gobernador civil de Ourense para que desmontasen a ponte, como ambos non chegaron a un acordo o José Viso tirou con él polas escaleiras abaixo, e ao pouco comezoulle a ir mal en tódolos negocios que él tiña.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22097550144784
Lonxitude: -8.101370930671692
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84