Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Zas
Parroquia: Brandomil (San Pedro)
Lugar: Limideiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

No ano 138 a. C., o procónsul Décimo Xuño Bruto chega ás ribeiras do Miño emprendendo a conquista da Gallaecia. Como tódolos invasores, o seu afán sería sobre todo o de recadar ouro. Coa Galiza conquistada, esta pasa a constituír un inmenso couto mineiro romano, limitado polo mar e pola liña Braga-Astorga-Lugo, gardada pola VII Legia Gémina. Estes xacementos foron inmensamente explotados ata a caída do imperio romano.
Limideiro é unha desas minas de ouro explotadas ó aire libre polos romanos nunha zona de banda milonítica sendo o seu paraxénese, Mispiquel, Au. A mina abarca un amplo territorio formando un gran oco a modo de lagoa da que mesmo se di que se pode pescar, dado que nela desemboca un regato.

Na actualidade, aos pés da mina, por onde desauga, hai unha especie de lavadoiro onde van a limpar as cisternas con restos de augas fecais e demais restos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA032.pdf
pax. 3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0128848549
Lonxitude: -8.93734574318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84