Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Vicinte (Santa María)
Lugar: Bravos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Capela da Nosa Señora do Rosario podería encadrase no denominado románico rural. Posúe unha soa nave e unha ábsida rectangular de menor tamaño. Nos muros laterais conserva grupos de canzorriños, moi desgastados polo paso do tempo, con figuras e motivos florais, intuíndose algunha especie de acróbata.
Na porta principal, cuberta por un pórtico de madeira, hai unha cruz con varios lazos e un círculo no centro. Tamén dúas pequenas metopas florais no lateral da porta.
Aínda que o lado máis interesante e a zona sur, onde no tímpano da súa porta se sitúa un escudo con tres torres e a inscrición que da a data do seu posible orixe: “Fíxome o arcediano Xoán… no ano de 1412”.
No lado norte ten acaroado un pequeno cemiterio no que repousan diferentes bispos do lugar, xa que ata o ano 1890 tivo nivel de igrexa, pasando logo a funcionar coma capela debido a cambios de concellos.
Esta capela atópase moi preto do centro avifauna, polo que e moi doado chegar ata a mesma. Ao seu carón, protexéndoa, hai un inmenso carballo centenario.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.outeiroderei.org/patrimonio.php?secc=capelas
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.05335330372831Lonxitude: -7.693146765232086
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 6, 2018
Denuncian o roubo dunha columna de época medieval no exterior desta capela. A nova aparece na prensa escrita do 6 de marzo de 2018:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/outeiro-de-rei/2018/03/06/roban-columna-iglesia-medieval-span-langglouteiro-reispan/0003_201803L6C8992.htm