
Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Monte Louro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dun peirao ou rampla feita para facilitar a descarga de peixe para a fábrica próxima de salgadura durante a preamar, pois na baixamar o calado era insuficiente para o atraque das lanchas. Por iso, a descarga do peixe facíase pola praia, traballo reservado as mulleres, quen se achegarían até as lanchas para recoller nelas o peixe.
A diferencia entre este e outros peiraos consiste en que normalmente están feitos con grandes bloques graníticos de perpiaño, máis neste caso non e así. Aproveitouse un gran bloque macizo de granito que se mete no mar en forma de espigón e foise rebaixando até conseguir a súa actual forma de rampla, quedando así un fermoso espigón macizo. Coa posterior venta e transformación da fábrica en complexo residencial, a rampla queda en desuso.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7513025597Lonxitude: -9.08056282984
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84