Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Rúa de Santa Clara, 8
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O convento foi fundado para a orde das Carmelitas Descalzas pola mística María Antonia de Jesús, chamada a Monxiña do Penedo .Edificio en liñas barrocas de dúas plantas, con estilo sobrio e compacto, de acordo coa relixiosidade popular. A fachada que segue o mesmo patrón que a de San José de Ávila, está dividida en tres corpos verticais por pilastras adosadas. Enmarcado nestas pilastras, na parte inferior da fachada, aparece o gran arco central da porta principal ,con dous arcos máis pequenos para outras entradas . E enriba dos arcos, un escudo e aos seu lados unhas pequenas ventás.Ten dúas amplas portas nos extremos , con óculos na parte superior . A segunda planta está composta por dous corpos, o primeiro cadrangular e rematado en arco nas esquinas, acolle una imaxe da Virxe do Carme nunha fornela, e que se atribúe ao mestre Gambino. A imaxe está policromada e atrae a atención deste espazo por estar no centro da fachada . O segundo corpo desta parte superior ten forma de triángulo con un óculo que enmarca un tellado a dúas aguas. Catro pináculos rematan as esquinas destes dous corpos. O edificio está feito a base de perpiaños de granito que lle confire un aspecto de gran solidez.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.885299991042814
Lonxitude: -8.541494607925415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84