Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Muíño (San Tirso)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben: Igrexa de Santiso de Muíño
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa presenta planta de salón conformada por unha capela maior de forma case cuadrangular e unha soa nave rectangular dividida en tres tramos. Apegada ó muro norte da capela maior constrúese unha sancristía, tamén rectangular, con acceso dende o presbiterio. A nave comunícase coa capela a través dun grande arco triunfal de medio punto que descansa sobre pilastras apegadas. A nave cóbrese cunha bóveda de canón mentres que a capela maior presenta unha bóveda de crucería nervada que se apoia sobre ménsulas. Na parede desta capela, un arco de medio punto coa clave decorada semella unha gran fornela para acubilla-lo sagrario. Un coro alto sitúase ós pés do templo recibindo a luz exterior a través dun van rectangular.
A fachada presenta un esquema xeométrico pentagonal no que destacan a porta alintelada e sobre ela un pequeno van rectangular, na parte superior do cal sobresae unha cornixa. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto moi peraltados que descansan sobre piares e serven para aloxar ás campás. O segundo aparece furado por un pequeno van tamén de medio punto enmarcado por dúas grandes volutas e rematado no seu centro por unha cruz. A escasa ornamentación exterior circunscríbese a uns pináculos nos ángulos da fachada e da espadana.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas», Vol. X, Deputación Provicial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA003.pdf (p. 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.033697844153544
Lonxitude: -8.951019644737243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84