Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas (San Xurxo)
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo crucifixo, de plataforma cuadrangular de dous chanzos sen pedestal. O seu varal, octogonal comezando en cadrado,está encravado nunha mesa-altar. O capitel é cuadrangular moi moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos con chafrán. Polo anverso da cruz presenta a imaxe de Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a figura da Inmaculada, coas mans xuntas sobre unha peaña con dúas cabezas aladas de querubín. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
O cruceiro está bastante ben conservado despois dunha reparación e traslado dende o seu anterior lugar, que non orixinal, pois o lugar orixinal era o adro do desaparecido “Grupo Escolar Ramón Noguera”, na rúa Real. Agora sitúase a uns 90 metros da súa orixe, fronte a un lateral da Capela do Carme.
No ano 2016, un venres pola noite, ás 23:45 hrs. un coruñés que participou, xunto con outros compañeiros, no concurso de pesca da Asociación de Empresarios de Camariñas, chocou co seu todoterreo contra a base ó dar marcha atrás, derrubando a cruz que ficou esnaquizada no chan. Repúxose igual co orixinal en marzo do ano 2017.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte». Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual nos anos 2007, 2008 e 2009.
– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte». Colección de historia e etnografía galegas,vol.LX. Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (A.G.C.E.). Sanguiñeda, Mos, Pontevedra, 2017.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMARINAS/documents/27721ca006.PDF (Páx. 4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1297042443Lonxitude: -9.18408460916
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xosé Troiano says:
Mar 14, 2016
http://www.desdeelnoroeste.com/texto-diario/mostrar/416571/este-domingo-aparecia-destrozada-a-cruz-do-cruceiro-da-praza-do-carme-de-camarinas