Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Treos (San Miguel)
Lugar: Treos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma e pedestal cuadrangular rematado con chafráns. O varal é octogonal, comezando en cadrado. O capitel é troncopiramidal invertido con astrágalo circular e liso, ábaco de lados rectos. A cruz, cuadrangular, posúe brazos achafranados e remates florenzados con botón central.
Polo anverso da cruz está o Cristo crucificado con tres cravos e mans pechadas. Inclina un pouco a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas e un cartel coas siglas INRI. Ten a San Francisco en posición Orante e a Virxe pregando ós pés.
Polo reverso está a Virxe en actitude orarante e os dedos das mans entrelazadas, cuns anxos coroándoa. O cruceiro é todo de granito, moi erosionado polo tempo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf (p. 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.09298418118763
Lonxitude: -8.970154523849487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84