Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago. Rúa nova, 44
Outra denominación do ben: Colexio de Irlandeses
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo que albergou no seu día o colexio de irlandeses está situado no actual número 44 da rúa Nova. A historia da fundación deste colexio remóntase á derrota dos irlandeses en 1601 fronte a Inglaterra e o seu exilio en Galicia. En 1603 Thomas White funda o colexio de Santiago, baixo a autoridade do bispo de Dublín. Aínda que administrativamente estaba suxeito ao colexio de Salamanca, dos estudos encargábase a Compañía de Jesús, o que traería consigo o peche do colexio en 1767 tras a expulsión dos xesuítas decretada por Carlos III. O peche definitivo foi en 1769. Isto provocou a ruína do edificio, e máis tarde a reforma de este deu lugar ao Pazo de Ramirás. Os irlandeses acometeron no seu edificio da rúa Nova obras de reforma ao longo dos anos. En 1774 o enorme caserón foi adquirido por D. José M ª Bermudez Pardiñas, e moitos anos despois cambia novamente de mans ao ser mercado por D. José Varela Cadaval, conde de Ramirás, por quen o pazo leva o nome actual. A planta do edificio está na actualidade dominada pola enorme escalinata interior que xoga un papel fundamental na ordenación do espazo. A fachada estilisticamente, e a primeira vista, non aparece como unha creación homoxénea. O piso baixo alberga unha portada da máis pura tradición barroca santiaguesa, cun marco con orelleiras e unha grosa moldura de sección circular enmarcándoa. Aos lados dispóñense as características bufardas cadradas para alumear o enorme portal. No piso primeiro áchase o gran balcón sustentado por unha grosa escocia convexa e de liña crebada cara adiante na súa parte central á que se abren dúas ventás en lugar dunha, que era o corrente na tradición da vivenda urbana da cidade. No segundo piso ábrense dou pequenos balcóns laterais, deixando o centro ocupado por dúas simples ventás, nunha nova disposición dos vans que rompe a xerarquía do balcón central. Para rematar a fachada, aparece unha edícula central de curvados perfís que fai as funcións de frontón, de tímpano liso e adornada por un gran escudo nobiliario rodeado de palmas, e a ambos lados sitúanse dous pequenos frontóns triangulares, todo iso rematado por pináculos que acaban rodeados en vasos mecheiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Beiras García, Eduardo. Lucas Ferro Caaveiro e a cidade de Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia ,2008. ISBN: 978-84-96494-99-2
http://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/ramiras.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.877996498219254
Lonxitude: -8.544093668460846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84