Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Praza de Mazarelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñecida popularmente como a Casa dos Valderrama está situado na praza de Mazarelos nº 15, fronte a Igrexa da Compañía. Consiste nunha edificación de baixo e dúas plantas. Na fachada ábrese a portada que escapa a tipoloxía do barroco santiagués pola súa sinxeleza de liñas. A porta adiántase ao plano da fachada e está rodeada dunha placa-marco de poderosa aparencia e duros perfís. A ambos lados da porta ábrense cadansúas bufardas a nivel do chan. Sobre as bufardas hai dúas ventás coa mesma placa-marco que a porta. Destacan como elementos singular as letras Stº, anagrama do cabido catedralicio, gravado en baleiro sobre o lintel de cada un deles. No primeiro piso destaca o enorme balcón corrido que ocupa todo o ancho da fachada. A este balcón ábrense tres ventás rodeada de marcos con moldura e orelleiras. Igual tipo de vans aparecen no segundo piso. Dous grandes escudos no alto da fachada, que todo indica que foron colocados posteriormente á obra dos Valderrama, posto que os citados escudos heráldicos levan armas de outras liñaxes como os Andrade, Vaamonde, Castro e Aguiar. Na actualidade acolle as oficinas da Secretaría Xeral para o Turismo


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Beiras García, Eduardo. Lucas Ferro Caaveiro e a cidade de Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia ,2008. ISBN: 978-84-96494-99-2


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.878334569176246
Lonxitude: -8.54249507188797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84