Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Zas
Parroquia: Muíño (San Tirso)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben: Torre do Couto
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Na freguesía de Muíño quedan os vestixios das Torres de Santiso, malia que actualmente quedaron reducidas a casa de labranza. A porta principal posúe un arco apuntado e un escudo indescifrable. A principios dos anos oitenta o propietario tirou co pazo pra facer unha “granxa”,deixando ta só unha das torres. Esta torre ten teitume a dúas augas, unha porta con arco apuntado e un escudo enriba dunha xanela moi desgastado. Pódense ollar tamén unha especie de canzorriños con figuras que parecen ser de caras.
Nestas torres coñecidas tamén como as Torres do Couto, eran onde as xentes viñan a pagar as rendas e demais tributos aos señores. Os derradeiros coñecidos polos veciños eran os Ozores de Arrainz de Vitoria. Sospéitase que os seus alicerces son da época romana, que puido haber unha mansión e que co tempo evolucionou en castelo ou torres defensivas para logo pasar a ser un pazo rexio e ó final quedar nunha torre teitada cadrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA010.pdf (p. 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Decir que se atopa en perigo sería demasiado tarde para o resto do pazo derrubado nun sinsentido a principios dos oitenta, mais poderíase salvar o que queda dunha das torres, noutrora un fermosísimo pazo que tivo un gran interés a mediados do século XX. Ata el viñeron xentes de todas partes do estado español, os últimos desde Madrid para facer un estudio in situ. A torre está nun completo abandono e nel apoianse uns pendellos enormes que pola zona da porta serve como garaxe e pola outra para gardar os animais.


Onde está localizado

Latitude: 43.03206663048736
Lonxitude: -8.952746987342834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84