Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Praza de Mazarelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Santiago como importante cidade medieval, estaba delimitada e defendida por unha muralla. Este elemento era case imprescindible dentro do trazado urbanístico. Alfonxo X o Sabio (1221-1284) define a cidade como: “ todo aquel lugar que é pechado dos muros cos arrabaldos et os edificios que se ten con eles ”. As portas canalizanaban o tránsito de persoas e mercadorías, e desde elas os veciños accedían aos arrabaldos. Pouco sabemos de como era a muralla orixinal de Santiago, pero o Códice Calixtino, cunha breve referencia no libro V, cita sete portas (aínda que co tempo fóronse engadindo máis portas, e postigos para o paso peonil): ” As entradas e portas da cidade son sete. A primeira entrada chámase porta Francígena; a segunda, Porta da Pena; a terceira, Porta de Sofrages; a cuarta, Porta do Santo Peregrino; a quinta, Porta Falgueris; que conduce a Padrón, a Sexta. Porta Susannis, e a sétima, Porta de Mazarelos, pola que chega a cidade o precioso Baco”. Esta última é a única que se conservou. Ademáis da estrutura do arco, pódese abservar unha Torre, polo exterior da porta, na súa xamba oeste, cunha características construtivas similares a Torre da Fonte de San Antonio. Os estudos realizados demostran que a estrutura da porta é froito de unha única fase construtiva, como os mechinales ou ocos onde se introducían os madeiros das estadas. Con todo existen dúbidas sobre a orixe do actual arco, que pode ser posterior ao orixinal, xa que a decoración de placas suxire unha construción máis recente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Santiago de Compostela. A Cerca da Cidade
Textos Dolores Cerqueiro, Javier luances Arca; Edita Oficina da Cidade Histórica e rehabilitación (Concello de Santiago) Dep. legal: VG-1005-2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8779748773
Lonxitude: -8.54226440191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84