Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Paseo das Pontes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Fundado, segundo os historiadores franciscanos, por un discípulo de San Francisco no ano 1214, é o único templo de estilo gótico mendicante conservado na cidade da Coruña. Incendiado en 1589 polo Marqués de Cerralbo, ante o ataque dos ingleses, destruíse de novo no século XVII. Máis tarde foi convertido en prisión e na actualidade só se conserva a igrexa, trasladada en 1963 dende a súa antiga situación nas proximidades do Xardín de San Carlos, ó Paseo das Pontes. É unha igrexa de planta de cruz latina. Os arcos de ingreso ás tres ábsidas, así como os arcos torais, que dividen a nave do cruceiro en tres tramos son apuntados e dobrados, apoiados sobre semicolumnas pegadas con capiteis vexetais. A capela maior da cabeceira é poligonal con sete lados, do mesmo grosor cá nave principal. Cóbrese con bóvedas de crucería en abanico con nervios que descansan en columnas moi delgadas con capiteis decorados con follas de cardo e de fieito, igual có florón da clave. Esta bóveda está contrarrestada ó exterior con contrafortes diagonais.
A capela da Epístola é rectangular, igual que a do Evanxeo, e ambas cóbrense co bóveda de crucería. Na primeira os capiteis das columnas levas aves androcéfalas; na segunda aparecen monstros e cabezas. No extremo norte do brazo do cruceiro construíuse a principios do século XVI unha capela de planta rectangular cun grande arco de entrada apuntado e dobrado, apoiado en semicolumnas, os capiteis das cales están decorados con piñas. Está cuberta con bóvedas de crucería de cinco claves, os seus nervios apóianse en ménsulas con bólas. Esta capela está situada actualmente no costado sur da nave. Conserva a portada orixinal, destacando lixeiramente da fachada, como as de Santa María e Santiago de Betanzos.
A fachada principal, actualmente tapiada, ten ó exterior un arco de medio punto sen tímpano con tres pares de columnas nas xambas e capiteis con decoración vexetal. As arquivoltas máis exteriores presentan un baquetón en forma de zigzag. Na reconstrución, levada a cabo no momento do traslado por Pons Sorolla, engadíuselle unha entrada no brazo norte do cruceiro. O seu tímpano e arquivoltas son obra súa, así como a torre campanario e a nave maior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36403374889118Lonxitude: -8.41404676437378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84