Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A familia Goday chega as rías galegas nas derradeiras décadas do século XVIII procedente de Cataluña. Asentado na ría de Arousa, Manuel Goday rexenta sendas factorías en Vilanova e Carril. Xunto cos seus tres fillos, Manuel, Juan e José, funda a compañía “Goday e Hijos”. Na xeración posterior, o seu neto Juan Goday Gual importa o sistema de conservas chamado do “estilo Nantes”, no cal se coce a vianda antes de ser introducida nas latas e funda novas fábricas, unha delas nun recuncho da enseada de San Francisco que posteriormente pasara a mans de seu fillo Enrique Goday Goday e traballara nas primeiras décadas do século pasado na dende aquela chamada “Praia de Goday”.
A dia de hoxe conserva a estrutura orixinal así como a casa dos donos, un amplo terreo pechado cun muros e tamén unha rampla-espigón que servía para as tarefas de desembarco do peixe, e empregada como vivenda particular da familia Goday. Tamén conserva o que parece ser unha garita de vixía.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro no ámbito das Confrarías de Pescadores de Muros,
Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe

http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/197

No PXOM non aparece recollida como fábrica salgadeira, aparece como Vivenda e Finca:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA013.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7552210824
Lonxitude: -9.07891058909
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84