Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Rúa Panaderas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de carácter institucional que foi sede do Real Consulado de Mar e Terra dende 1786 ata 1829. Actualmente é sede da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.
Orixinariamente foi a vivenda do comerciante José Ramos, quen a mandou construír en 1779-80. Pero en 1785 pasou a ser sede do Real Consulado porque a familia residía en Cádiz e só a habitaba por pouco tempo.
O edificio, realizado en granito, consta de tres andares e un cuarto ou ático, engadido posteriormente. A fachada garda unha simetría nas disposicións dos seus vans. No primeiro destaca o gran balcón corrido e os salientes das xanelas. No segundo ábrense tamén cinco portas balcón e destaca, como muro desta fachada, o remate cun frontón semicircular que acolle o reloxo.
Na súa estructura interior este edificio articúlase arredor dun patio cuberto con vidreira recente ó que se abren catro corredores abertos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37231670518034
Lonxitude: -8.399715721607208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84