Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - San Nicolás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Nicolás é obra do arquitecto Simón Rodríguez. Ten unha soa nave organizada en catro tramos, o máis próximo ó presbiterio é máis groso e fai as veces de cruceiro. Existe outro tramo máis pequeno entre o cruceiro e a capela maior cunha cabeceira rectangular. Ó corpo da nave ábrense seis capelas laterais de planta rectangular. O último tramo posúe un coro alto. Pegada ao muro sur da capela maior aparece a sancristía cunha planta cadrada. A decoración do alzado da nave é a base de pilastras de orde toscana sobre o alto plinto. As pilastras teñen un resalte en forma de placa, no seu arranque e na cara frontal, enmarcando os vans formados por un arco de medio punto, que dan acceso ás capelas laterais. A nave cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns con lunetos abertos na súa base. O intradorso dos arcos faixóns leva tamén decoración de placas imitando rectángulos e círculos, igual ca nos arcos formeiros da capela Maior, o cruceiro e dos arcos de ingreso ás capelas laterais. A capela cóbrese con bóveda de arestas que leva a mesma decoración de placas nas arestas.
Ten unha fachada sobria de escasa planimetría, dominada por unha composición simétrica, feita entre 1861 e 1867. Divídese entre dous corpos, o primeiro co van da porta sobre a que aparece unha cornixa e unha cartela co nome da parroquia. A ámbolos lados, dous grosos machóns sobre zócolo inferior, decorados con pilastras unidas de orde dórica de escaso volume, que a penas sobresaen do plano da fachada. Este primeiro corpo remátase cunha solución que nos remite á arquitectura clásica, con arquitrabe, friso e cornixa voada. No segundo corpo un gran van sitúase sobre a porta seguindo o seu mesmo esquema compositivo. Todo o conxunto remátase á maneira dun templo clásico cun frontón triangular que acolle un baixorrelevo cunha cruz sobre unha rocha, adorada por anxos. A imaxe de San Nicolás preside o vértice do frontón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37129504573954
Lonxitude: -8.39877963066101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84