Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Adro de San Nicolás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular e pedestal cúbico cun gravado dunha mitra con báculo e cruz patriarcal. O varal é cadrado con chafráns e a dous terzos de altura contén a imaxe de San Nicolás. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices achafranados, ten ademais volutas, follas de acanto e querubíns. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. Polo anverso da cruz está Cristo crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza cara adiante con coroa de espiñas e enriba un pergameo coas siglas INRI. O pano de pureza está suxeito cun cordel. Polo reverso ten a virxe en posición de orar e os dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de granito cunha boa conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.37122777939003Lonxitude: -8.39886412024498
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
meiga says:
Mar 31, 2012
Outra referencia bibliográfica: Martín Ruiz, L. Cruceiros na provincia da Coruña, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999, páx. 704.
Oscar Franco says:
Dec 9, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150300106.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/03/02/bordones-ineditos-san-andres/00031551564908784115356.htm
e as seguintes referencias bibliográficas:
LAREDO VERDEJO, José María. (2010). Los cruceros coruñeres. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
Na base e no podestal deste cruceiro aparecen dúas datas gravadas (1972 e 1974).