Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Rúa de Santo Andrés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma octogonal e sen pedestal. O varal é circular, con estrías e boceis. O capitel é cilíndrico, moldurado con ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, cabezas de anxos co ás, flores e unha caveira coas tibias en forma de “X”. A súa cruz é rectangular e polo anverso mostra a Cristo Crucificado con tres cravos e bendicindo coas mans. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e enriba unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á esquerda. Polo reverso ten a Piedade sobre unha peaña dun anxo con ás. Todo o cruceiro é de granito cunha conservación regular pola erosión do tempo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.37081345602717Lonxitude: -8.401660323143005
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
meiga says:
Mar 31, 2012
Outra referencia bibliográfica: Martín Ruiz, L. Cruceiros na provincia da Coruña, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999, páx. 702.
Oscar Franco says:
Dec 9, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1503007.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/03/02/bordones-ineditos-san-andres/00031551564908784115356.htm
e as seguintes referencias bibliográficas:
LAREDO VERDEJO, José María. (2010). Los cruceros coruñeres. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
SANTOS FERNÁNDEZ, Carlos. (2018). El crucero de San Andrés: Un inédito testimonio jacobeo en La Coruña. Revista Nalgures – Asociación cultural de estudios históricos de Galicia. Nº 14.
É posible que este cruceiro sexa do ano 1700 ou incluso anterior a esa data.