Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: A Pena do Ouro - Rúa do Vizconde San Alberto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

O Pazo da Pena do Ouro é unha construción de cantaría de planta cuadrangular con patio interior. Por mor de numerosas ampliacións e reformas, o edificio aglutina partes de diferentes épocas. Así, a fachada norte foi construída en 1918. Presenta un corpo central, organizado simetricamente, flanqueado por dúas torres neo-renacentistas. No lenzo principal, de dúas alturas, a rúa do medio adquire maior protagonismo por posuír a entrada, rematándose nun frontón cun escudo. Pola contra, a fachada oriental data do século XVI. De gran sinxeleza construtiva, posúe tres amplas arcadas na planta inferior e pequenos vans cuadrangulares na superior, ao lado dos que se sitúan varios escudos. O final deste lenzo remátase coa capela, reformada por terceira vez en 1893, tal e como dita unha inscrición enriba da porta de entrada. Nesta última sobresaen os vans con arcos apuntados xunto coa espadana de ferro.
Porén, o elemento máis sorprendente deste edificio é o reutilizado claustro románico que pecha o patio interior. En 1922, o arcebispado de Santiago de Compostela véndelle ao Vizconde de Santo Alberto, José Varela de Limia, restos do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos (Lousame), entre os que se atopaban varios escudos e dito claustro. O nobre os traslada a Noia, incorporándoos no pazo que estaba a reconstruír en Argalo. Pese a súa descontextualización, este claustro é un dos escasos exemplos románicos que se conservan en Galicia.
Desde 1978, o Pazo da Pena de Ouro foi herdado polos Condes de Torrecedeira, Felipe Bárcena Varela de Limia e Rosa de Labra Morán, pasando a ser os décimo quintos propietarios. Ata ese momento, as instalacións estiveran ocupadas durante dúas décadas polo Colexio María Assumpta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón: “Arquitecturas da provincia da Coruña”. T. 3, Comarca de Muros e Noia. Deputación da Coruña, A Coruña 1995.

http://www.tamaranoia.com/heraldica/heraldica09.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/0252CA001.pdf (p. 15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.775527
Lonxitude: -8.889898
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84