Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa Eulalia)
Lugar: Servia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
No pequeno libro Asentamentos Castrexos no Partido Xudicial de Noia para o Colexio da Silva (Lousame), e partindo da súa tesina “Carta Arqueolóxica do partido Xudicial de Noia”, Xerardo Agrafoxo Pérez describe o castro dentro da categoría dos emprazados a modo de espolóns e metidos na volta dun meandro do río ou entre arroios. É o único castro da Península Barbanzónica emprazado nunha ladeira de moi forte pendente, que da lugar a que presente un pronunciado desnivel. Está defendido por un parapeto que pola banda norde ten 6 m. de ancho, erguéndose ata 10 m.de altura e que se atopa cuberto de vexetación. O río Vilacova actúa a modo de foso e o folclore popular refírese a mouros, a unha porta de pedra e a un túnel. Atópase moi cerca do castro de Comparada, que segundo Xerardo e o único do partido xudicial de Noia situado nunha chaira, está en terras de labor agrícola e ten en bo estado as murallas . As fotos son de Ramón de Xiansa
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo Pérez, Xerardo. Asentamentos castrexos no partido Xudicial de Noia. Colexio Público Cernadas de Castro. A Silva-Lousame
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA002.pdf (páxina 3 de7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78346456086727Lonxitude: -8.792238235473633
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84