Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Rubín (Santa María)
Lugar: O Foxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Cruceiro do Foxo érguese sobre dous chanzos cuadrangulares e un pedestal cúbico coas esquinas superiores achafranadas. Malia que ilexible, conserva neste último unha inscrición co ano de construción. No varal, oitavado co comezo e remate cuadrangulares, disponse unha peaña sen imaxe. O capitel, con decoración de anxos, da paso á cruz latina de brazos redondeados. No anverso da mesma represéntase a Cristo Crucificado, imaxe colocada nos anos ’80, e no reverso á Virxe Dolorosa cunha cruz cravada no peito.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel: “Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra”. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra, 1985


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.706198
Lonxitude: -8.405293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84