Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Rubín (Santa María)
Lugar: O Foxo
Outra denominación do ben: Capela de Santo Antonio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Datada no século XVIII, a Capela da Virxe da Regra é unha construción de cantaría de planta lonxitudinal. Posúe unha soa nave con ábsida cuadrangular e cuberta a dúas e catro augas.
Na fachada principal, de gran sinxeleza, ábrese a porta de acceso, enriba da que se sitúa un van cuadrangular. Como remate, unha espadana de dobre corpo con dúas campás no inferior e un oco no superior.
No lateral norte ten outra entrada, ao lado da que se dispón nunha fornela a imaxe de Santo Antonio, patrón do lugar xunto coa Virxe da Regla. No sur, engádeselle un corpo para sancristía.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel: “A Estrada Rural”. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra, 1990
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA002.pdf (p. 10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.706204Lonxitude: -8.404694
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84