Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dodro
Parroquia: San Xoán de Laíño
Lugar: Bexo
Outra denominación do ben: Murallas de Bexo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ó monte Carboeiro, na aldea de Bexo.
É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións.
Dende a súa coroa hai unhas vistas previlexiadas da ría de Arousa e do Baixo Ulla.
Case non quedan á vista restos pétreos polo expolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e Bacariza; quedando, aínda hoxe en día, restos no castro do traballo das pedras polos canteiros.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15033013
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
O lugar está asociado aos mouros, asegurándose que existe un tunel entre o castro e as Torres do Oeste cunha cadea de ouro a todo o largo.
Historia recente do ben:
Realizouse unha limpeza nel fai uns meses, deixando á vista moitos elementos antes agochados pola vexetación.
Referencias bibliográficas:
O Castro de Bexo no PXOM do Concello de Dodro do ano 2011
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA113.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Si, polo continuo tránsito de moteiros.
Onde está localizado
Latitude: 42.7004545986Lonxitude: -8.75034749508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
12 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 14, 2016
A prensa escrita do 13 de maio de 2016 recolle a noticia da limpeza deste castro:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2016/05/13/concello-dodro-limpia-castro-bexo-recuperar-poner-valor-yacimiento/0003_201605S13C6998.htm
elixiovieites says:
Out 11, 2016
Plano lidar Castro de Bexo. (Información Xeográfica de Galicia . Xunta de Galicia)
elixiovieites says:
Out 11, 2016
Muro
Xoán Xosé Vicente says:
Abr 4, 2017
No ano 1993 a Asociación de veciños San Xoán de Laiño fixo un Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmaterial no que varios veciños nos contaban os seus recordos. En este video faise un resume do que nos dixeron sobre a Eira dos Mouros nas Murallas de Bexo (Castro de Bexo).
https://youtu.be/QHjvMDP2iRA
Xoán Xosé Vicente says:
Mai 26, 2017
http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-castro-de-bexo-aldea-dos-asterix-galegos/
Raúl says:
Xul 13, 2017
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/61813-concello-dodro-pide-se-volvan-plantar-eucaliptos-nun-castro-acaba-ser-posto-valor?pag_com=%201
Oscar Franco says:
Ago 10, 2017
Novos achádegos neste castro. A nova é do 26 de xullo de 2017:
http://historiadegalicia.gal/2017/07/o-achado-dunha-impresionante-muralla-case-intacta-revoluciona-escavacions-castro-de-bexo/
Pepe says:
Ago 17, 2017
Encontrei parte do muro qe se ve nas imaxes do LIDAR da parte do castro qe da cara a carretera, o final parece qe fai coma un cadrado, costoume a deus chegar ali
Xose Arcos says:
Ago 19, 2017
Unha señora maior contoume qe collendo a pista qe vai cara teaio ali preto de donde ai uns depósitos de auga cara o lado do castro duns outeiros chamados outeiros dos mouros qe acabaron por desfacer os canteiros qe tal e como os describiu a señora uns postes de pedra enriba dos outeiros con unha pedra por riba a cruzar, e a segunda persoa maior qe me comenta o mesmo
Oscar Franco says:
Xuñ 12, 2019
A prensa dixital do 16 de xuño de 2019 recolle a denuncia dunha agresión aos muros deste castro:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2019/06/12/denuncian-agresion-murallas-castro-dodro/0003_201906S12C7991.htm
Oscar Franco says:
Ago 23, 2019
Volven limpar o castro da peste dos eucaliptos. A nova é do 18 de agosto de 2019:
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/101800-brigadistas-limpan-eucaliptos-castro-bexo-dodro
Oscar Franco says:
Nov 26, 2020
Volven limpar o perímetro de protección do Castro de Bexo. A nova é do 25 de novembro de 2020:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2020/11/25/talan-eucaliptos-entorno-castro-bexo-dodro/0003_202011S25C6991.htm