Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dodro
Parroquia: San Xoán de Laíño
Lugar: Bexo
Outra denominación do ben: Murallas de Bexo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ó monte Carboeiro, na aldea de Bexo.
É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións.
Dende a súa coroa hai unhas vistas previlexiadas da ría de Arousa e do Baixo Ulla.
Case non quedan á vista restos pétreos polo expolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e Bacariza; quedando, aínda hoxe en día, restos no castro do traballo das pedras polos canteiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15033013
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O lugar está asociado aos mouros, asegurándose que existe un tunel entre o castro e as Torres do Oeste cunha cadea de ouro a todo o largo.


Historia recente do ben:

Realizouse unha limpeza nel fai uns meses, deixando á vista moitos elementos antes agochados pola vexetación.


Referencias bibliográficas:

O Castro de Bexo no PXOM do Concello de Dodro do ano 2011
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA113.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Si, polo continuo tránsito de moteiros.


Onde está localizado

Latitude: 42.7004545986
Lonxitude: -8.75034749508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84