
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Santa María do Campo- Adro
Outra denominación do ben: Cruceiro da Colexiata
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Coñecido como o cruceiro da Colexiata, este é de tipo crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos e un pedestal tamén cadrangular rematado con bocel. O seu varal é octogonal e o capitel cadrangular moldurado con astrágalo octogonal e liso. A súa cruz octogonal presenta brazos ornamentados con remates de punta de diamante. Polo anverso da cruz amosa a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas, inclina a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas. O seu pano de pureza está anudado á dereita. Ten a ámbolos lados da cruz a Virxe e a San Xoán ós seus pés. Polo reverso da cruz amósanos a Virxe co neno con dosel. O cruceiro é de granito e presenta un estado tirando a regular dado a erosión crecente que ten.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.370811506263465Lonxitude: -8.392961919307708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
meiga says:
Mar 31, 2012
Outra referencia bibliográfica: Martín Ruiz, L. Cruceiros na provincia da Coruña, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999, páx. 700.