Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Cedeira
Parroquia: Esteiro (San Fíz)
Lugar: Porto do Cabo, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Ponte de dous arcos que cruza o río Mestas, facendo de límite entre Cedeira e Valdoviño.
Antigamente formaba parte do camiño real entre Ferrol e Cedeira e hoxe en día é atravesado polo camiño da peregrinación a San Andrés de Teixido.
Nunha das casas a carón da ponte había unha antiga hospedaxe para os romeiros e tamén era onde as “caldupeiras” lles vendían cuncas de caldo para repoñer forzas. Hoxe en día están en estado de ruínas e so se conserva o antigo arco conopial na porta de entrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.62587126224983Lonxitude: -8.040157556533813
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
Como información complementaria a páxina do pxom de Cedeira que recolle este Ben
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEDEIRA/documents/0113CA003.pdf
(páxina 2 de 2)