Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moraña
Parroquia: Rebón (San Pedro)
Lugar: Rebón de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Aínda que a igrexa era orixinaria do século XII hoxe en día só se conserva a parte da ábsida e dous baldaquinos no seu interior. O resto foi modificado nunha reforma do século XIX.

Na ábsida, con dous contrafortes e dúas columnas consérvase unha fermosísima colección de canzorriños zoomorfos, acróbatas e historiados, e nos espazos internos un excelente conxunto de metopas con motivos florais.

Tamén conta cun fermoso rosetón na zoa central da ábsida, e na ventá central ata agora existía unha figura dun santo, hoxe en día en paradeiro descoñecido.

No seu interior, no altar maior conta con dous arcos de bóveda de canón con catro columnas con capiteis historiados moi ben conservados. E a carón da entrada principal atópanse dous baldaquinos policromados amosando escenas bíblicas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fai pouco alguén roubou unha fermosa estatua da ventá da ábsida.


Onde está localizado

Latitude: 42.5553959449124
Lonxitude: -8.603850603103638
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84