Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: A Lama / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Barcia do Seixo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta paraxe natural situada no mítico monte Seixo forma parte do inmenso conxunto de lendas do lugar.
Na portalén, segundo a lenda, a persoa que quixera falar cos defuntos tería que atravesar a porta de norte a sur, e entón podería ter contacto co mundo do alén. Despois tería que gardar silencio, se non a súa voz volveríase ronca ou podería sufrir males peores.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Monte do Seixo: O Santuario perdido dos Celtas – Carlos Solla Varela (2008)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/01/07/monte-do-seixo-un-libro-sobre-as-xeografias-miticas-da-terra-de-montes/
http://oblogdefernandosalgado.blogspot.com/2011/06/cuando-don-ero-cruzo-portalen.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4732048113Lonxitude: -8.38329792023
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
14 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 18, 2012
Recoméndovos que entredes no blogue de Carlos Solla http://oembigodobecho.blogspot.com/
e busquedes as numerosas entradas que ten sobre o Portalén e sobre o Monte de Seixo, lugar mítico por excelencia.
Xandlinathry says:
Xan 18, 2012
Moitas gracias. Atopei a información do seu libro e máis o trailer do documental, pero non coñecía este blog. Estiven o ano pasado pola zoa e esta todo moi ben, salvo por ter tantísimo eólico. E o portalén impresionante. Saudos
Calros Solla says:
Xan 22, 2012
Saúdos, amigos. Cómpre localizar PORTALÉN ou A PORTALÉN no concello da Lama (freguesía da Barcia do Seixo). Moitas grazas XANDLINATHRY e ÓSCAR FRANCO. Unha forte aperta.
Xandlinathry says:
Xan 22, 2012
Moitas gracias Carlos. Vouno modificar agora, aínda que no lugar deixo Caroi ou tamén o cambio? E que coñecino facendo unha ruta de sendeirismo e alá arriba non tíñamos moitas referencias dos lugares. Saudos e a ver se podemos voltar o Seixo, xa que estiven antes de ver os teus traballos e moitas pedras non as visitamos.
Calros Solla says:
Feb 19, 2012
A denominación é “PORTALÉN” ou “A PORTALÉN”.
Na localización só debe figurar Barcia do Seixo (parroquia), A Lama (concello), Pontevedra (provincia). Unha forte aperta. Salvemos o Seixo!!
Xandlinathry says:
Feb 19, 2012
Xa modifiquei o que ti dis, pero se falta algo máis que ti penses que o mellore comenta e faise que ti coñeces a zoa moito mellor. Saudos e boa sorte cos teus proxectos. Máis adiante cando medren un pouco máis os días espero poder voltar o Seixo con máis calma. Saudos
MANUEL FORTES says:
Mar 22, 2013
Habería que deixar só A Lama como concello ao que pertence Portalén. Saúdos
Calros Solla says:
Mai 15, 2013
Coido de interese este artigo publicado en Faro de Vigo (7-1-2012):
http://cerdedointhevoyager.blogspot.com.es/2010/10/ano-10-despois-de-portalen-loita.html
calros solla says:
Out 31, 2014
Galicia 360º:
http://galicia360.com/portalen-monte-do-seixo-cerdedo/
Sabela says:
Ago 8, 2015
Estiven hoxe, e ben conservado está, pero o camiño de acceso non está de todo perfecto.
Marián Santiago says:
Abr 25, 2016
Outro enlace a unha noticia do Faro de Vigo. Decir que un dos sendeiros marcados pola Xunta que da o alto da Serra está bloqueado por unhas vallas que puxo un veciño da zona, unha pena… Polo demáis un lugar espectacular!
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/11/15/o-paso-ao-mundo-mortos/915044.html
paeiro says:
Dec 28, 2016
Tan só dicir que nunha visita realizada a día de hoxe, puiden ver probas de devoción e ofrendas aos mortos tales como velas, diversos obxetos como pedras pulidas, dentes dun animal, tres milladoiros e incluso un botella de cerveza Duff.
pablo fernández ans says:
Xan 23, 2022
Nun dos penedos da Portalén, nas súa parte Sur (a zona do Máis Alá), atópanse diversas coviñas sobre a cara superior da pedra, duns vinte centímetros de diámetro aproximadamente, que puideran tratarse de petroglifos, que necesitan dunha análise mais pormenorizada.
pablo fernández ans says:
Xan 23, 2022
Aporto unha referencia bibliográfica editada no ano 2010 polo autor rafael Quintía:
– Rafael Quintía. “Deuses, mitos e ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica”. Serpe Bichoca, 2010.
https://serpebichoca.wordpress.com/2010/12/22/publicase-%E2%80%9Cdeuses-mitos-e-ritos-do-monte-do-seixo-unha-proposta-interpretativa-en-clave-celtica%E2%80%9D/