
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Praza da Constitución.
Outra denominación do ben: Cruceiro da Capitanía Xeneral
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos e cun pedestal cúbico con chafráns. O varal é cadrado con chafráns e cun capitel troncopiramidal invertido. A súa cruz é rectangular cos brazos achafranados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e coas mans pechadas. Ten a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á dereita. Polo reverso da cruz ten a Virxe con xesto aflixido sobre unha peaña. O cruceiro é de granito cunha moi boa conservación e os militares da Capitanía Xeneral que esta ó fronte, bótanlle sempre unha coroa de frores en honra ós caídos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.369446168848036Lonxitude: -8.393566086888313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
meiga says:
Mar 31, 2012
No pedestal presenta unha placa metálica con coroa de loureiros que reza “Gloria a los que dieron su vida por la patria”.
Outra referencia bibliográfica: Martín Ruiz, L. Cruceiros na provincia da Coruña, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999, páx. 708.